30 ene. 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres celebramos o día da PAZ! Tódos os coles de Marín realizamos unha xuntanza na que cada un fixo o seu manifiesto a medida que iamos formando un collage que formaba murais con mensaxes que resaltan a importancia de este día.

Máis tarde realizamos unha marcha cara o Parque Euguren, alí todos xuntos formamos o símbolo da PAZ e cantamos as cantigas de Antonio Flores e Nena Daconte. Queredes ver como foi?




25 ene. 2011

"O MAGO DE OZ"

O Luns, 24 de xaneiro, os nenos e nenas de 4-5 anos do cole fomos de excursión o cine Salesianos de Vigo, para disfrutar da obra de Teatro: "O Mago de Oz" da compañía "Haz Teatring" . ( http://www.recursosweb.com/ ).
A experiencia foi moi divertida! Puidemos cantar cos protagonistas, axudar a Dorothy a volver a súa casa, a león ter valor, ao home de lata ter corazón, ao espantallo ter cerebro... e como non, aprendemos moitas cousas con eles, como por exemplo:

Con corazón, valor e cerebro conseguimos o que nos propoñamos!!


21 ene. 2011

NA EEI O GRUPO QUEREMOS A PAZ!!


O día 30 de xaneiro é o Día internacional da PAZ E DA NON VIOLENCIA, e para ir preparándonos para esta celebración o día 28 faremos con outros coles de Marín unha xuntanza na que cantaremos cantigas que expresan mensaxes de paz. Aquí vos deixo os videos coas cancións para que os nenos as vaian ensaiando na casa.


Tamén deixo as seguintes actividades LIM. So tes que premer na xaneliña da parte superior dereita e listo!!



17 ene. 2011

XOGAMOS COS DINOSAURIOS!!

Os nenos de 5 anos están aprendendo moitas cousas sobre o tan interesante tema dos dinosaurios...Aquí lles queda o enlace da páxina da editorial que traballamos nas aulas de 5 anos onde poderán ver videos, imaxes e realizar actividades TIC sobre os dinosaurios.

Premendo na imaxe seguinte accederedes ó portal.

14 ene. 2011

12 ene. 2011

XOGAMOS ÓS CHINOS?

Os nenos de 4 anos están traballando e aprendendo moitas cousiñas sobre China, e como xa saben moito pasamos a facer esta actividade LIM na pantalla dixital...

Cantos recursos temos na rede!!!

Preme na imaxe e aprende moitas cousas sobre China

6 ene. 2011

PREPARADOS PARA A VOLTA DAS VACACIÓNS!

Que tal foron esas vacacións? E os Reis Magos...trouxeron moitas cousas?
Xa están rematando e para ir entrando en faena deixo o acceso a unha actividade LIM sobre o inverno.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela