29 oct. 2011

SEMANA DE SAMAÍN!!

24 oct. 2011

DÍA INTERNACIONAL DE BIBLIOTECAS





Como o título desta entrada anuncia hoxe é o día internacional de bibliotecas. Para celebralo fixemos unha festa de apertura na nosa biblioteca "A charca de Catuxiña".Así, hoxe coñecemos a esta ra tan simpática que nos contou varios contos xunto coa súa amiga Lupita. Gustáronnos e pasámolo ben, e ademáis aprendemos algo moi importante...
Hai que coidar os nosos contos, xa que eles pódennos trasladar a mundos maravillosos portadores de maxia e fantasía...

Para rematar fixemos unhas Catuxiñas para gardar como recordo! A ver que vos parecen!!


20 oct. 2011

APRENDEMOS INGLÉS CANTANDO!!

A profe de inglés (Berta) está ensinando cancións en inglés relacionadas có Samaín(Halloween), aquí volas deixamos para que os nenos as practiquen!A verdade é que lles encantan! Facede a proba!!






16 oct. 2011

XOGOS E ACTIVIDADES DO SAMAÍN





ACHÉGASE O SAMAÍN...ÍMONOS PREPARANDO!!




ORIXE DO SAMAÍN



O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.








2 oct. 2011

O PAÍS DAS LETRAS!

Na clase dos nenos de 5 anos están traballando có método do país das letras...Aquí lles deixamos un jclic para que practiquen! Se queres xogar a pantalla completa preme no seguinte enlace. XOGAR

EN DEFENSA DOS DOCENTES

video

FACEMOS CREBACABEZAS!

Que tal se facemos crebacabezas para coñecer os nenos novos do cole?

1 oct. 2011

NOVA AVENTURA: "PROXECTO AS BRUXAS"



O luns os nenos e nenas de 4 anos, comezamos o proxecto de investigación sobre as bruxas, eses personaxes máxicos que dan tanto medo!!! Imos averiguar cómo son, que comen, que tipos de bruxas existen, como visten, que animais as acompañan...e como fan MAXIA!!!!! Vai ser moi divertido!!!!

Xa temos nas nosas aulas un recuncho adicado a elas, con libros onde aparecen, debuxos, bonecos e marionetas, accesorios de bruxas para xogar a ser bruxiños e bruxiñas, e moitas cousas máis!!!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración, de parte das bruxiñas e bruxiños de 4 anos!!

Deixámosvos a canción da Bruxiña Tapita que tanto nos gusta!!!

Bicos de Bruxa!!!!!!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela