31 ene. 2012

A PAZ NA AULA DE 4 ANOS.

PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ, TIVEMOS MOITOS PREPARATIVOS. FIXEMOS COROAS, BONECOS DE MATERIAL DE REFUGALLO CUNS CORAZÓN ENORMES, PIPAS DA PAZ COMA AUTÉNTICOS INDIOS, E ATA APRENDIMOS CANCIÓNS E BAILAMOS MOITO. COMA UNHA VERDADEIRA TRIBO, XUNTÁMONOS ARREDOR DA FOGUEIRA PARA TOMAR A PIPA DA PAZ, E COMPROMOTERNOS A LEVARNOS BEN, NON PELEXAR E SER MOI BOS AMIGOS. ¡FOI UN DÍA FANTÁSTICO!





30 ene. 2012

29 ene. 2012

30 DE XANEIRO. DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA





O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pionera, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. A mensaxe básica deste día é: ’Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra’.
Interese educativo deste día:
A formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos é unha das finalidades que se suscita este sistema educativo. A LOE subliña a necesidade de traballar estes aspectos de forma similar a outro tipo de contidos, e deste xeito xurdiron os temas transversales. Con todo, o traballar continuamente desde as transversales estes conceptos (a paz, concretamente, dentro de Educación Moral, Educación para a Convivencia e a Paz) non impide que sintamos a necesidade de que existan datas concretas, como hoxe, que nos recorden que aínda hai situacións sociais complexas. Esta celebración é, xa que logo, unha oportunidade máis de contribuír a que os centros convértanse en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión. Non habemos de esquecer que a escola é un reflexo dunha sociedade coa que comparte defectos, pero nela tamén se educa para a vida e búscase desenvolver nos alumnos as capacidades e competencias necesarias para unha participación social activa. Por todo iso, habemos de contribuír, a través da educación, á concienciación de todos na construción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
Enlaces de interese sobre o tema:

28 ene. 2012

MURAL OS INDIOS

AQUÍ ESTAMOS OS DE 4 ANOS A VOLTAS COS INDIOS! ESTA SEMANA COMEZAMOS A MONTAR O NOSO MURAL DOS INDIOS. FIXEMOS UNHA PRADERA VERDE PARA CONSTRUÍR O NOSO POBLADO INDIO, UN RÍO FANTÁSTICO ONDE A NOSA TRIBO INDIA POIDA IR PESCAR NAS CANOAS. E QUE DECIR DOS NOSOS ESPECTACULARES TOTEMS PARA QUE OS DEUSES NOS PROTEXAN E AXUDEN!!! SOMOS UNS ARTISTAS!! MENTRAS TANTO NAS AULAS SEGEN CHEGANDO COUSAS E MAIS COUSAS DE INDIOS, E XA PARECEN MAIS TERRITORIOS COMANCHES CHEOS DE TIPIS QUE AULAS DUN COLEXIO!!! É MOI DIVRTIDO ISTO DOS INDIOS!!!

27 ene. 2012

PRÉSTAMO DE BIBLIOTECA "A CHARCA DE CATUXIÑA"

Esta semana comenzou o préstamo da biblioteca, e a "Charca de Catuxiña" comeza a encher de fantasía as mochilas lectoras dos peques, levando as súas casas mundos maxicos, persoaxes fantásticos, historias cheas de imaxinación e motivación por ler e aprender cousas novas.
Non esquezades facer un debuxo fantástico do voso libro, na libreta "Contos que V
eñen e Van" e devolver o libro o cole o día que corresponda en perfecto estado, para que outro neno/a poida disfrutar del noutra ocasión.
Peques e familia non esquezades ter en conta as recomendación de Catuxiña para ser grandes lectores.

A disfrutar o fin de semana dunha entretida e divertida lectura!

23 ene. 2012

BENVIDA PATRICIA!

HOXE CHEGOU UNHA NOVA COMPI A CLASE DE 4 ANOS A, QUE SE CHAMA PATRICIA.


DÉMOSLLE UN GRAN APLAUSO DE BENVIDA E ESTAMOS MOI CONTENTOS DE TER UNHA AMIGUIÑA MÁIS PARA XOGAR.


BENVIDA O NOSO COLE PATRICIA!!!!


ESPERAMOS QUE ESTES MOI FELIZ E PÁSELO MOI BEN NO COLE, CON TODOS OS TEUS COMPIS E PROFES!!!!!!

20 ene. 2012

A PAZ É VIDA

MENUDA TRIBU!

O longo da semana os nenos e nenas de 4 anos trouxeron o cole moitas cousas de indios, e cada día chegan mais!! Grazas papis, mamis, avós, avoas e demais familia que estades a contribuír con entusiasmo a este gran proxecto, que tan ilusionados nós ten. A verdade é que sodes uns artistas, só hai que ver as obras de arte que facedes, e o esforzo adicado!! O interese por investigar medra día a día, e agora que xa temos moitas cousas, de indios e temos claro o que xa sabemos e queremos saber, imos dar comezo a aventura!!! E a investigar, aprender e crear!! Para a semana comezaremos o noso mural de indios, e os preparativos para o día da Paz, como unha auténtica tribu de peles vermellas! jao!!!!!!!!





15 ene. 2012

14 ene. 2012

FESTA INDIA

ONTE CELEBRAMOS O CUMPLE DE PEDRO, E PARA FESTEXÁLO CONVERTÍMONOS NUNHA TRIBU COMANCHE!!! MAQUILLÁMONOS, CAZAMOS, XOGAMOS, BAILAMOS, MONTAMOS A CABALO,...TODO COA AXUDA DE PAULA (NAI DE PEDRO) QUE TROUXO UNHA TARTA RIQUÍSIMA!!!! E ATA CONTOUNOS UN CONTO CHULÍSIMO!! FOI MOI DIVERTIDO XOGAR OS INDIOS!!!

13 ene. 2012

¡CANTAS COUSAS DE INDIOS!

O LONGO DA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS TROUXERON Ó COLE MOITAS COUSAS DOS INDIOS PARA COMEZAR A NOSA INVESTIGACIÓN! E APRENDEMOS MOITO! MIL GRAZAS A TODOS E AS SÚAS FAMILIAS POLA SÚAS APORTACIÓNS! E PARTICIPAR DA ILUSIÓN DESTA NOVA AVENTURA!!!!

12 ene. 2012

CHEGAN OS INDIOS!!

EA EA EA EA O!! O!!! O!! DURANTE ESTE TRIMESTRE, NAS AULAS DE 4 ANOS IMOS INVESTIGAR E APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE OS INDIOS. UNHA DAS PRIMEIRAS COUSAS QUE FIXEMOS FOI AVERIGUAR QUE SABEMOS XA ANTES DE PARTIR NESTA NOVA AVENTURA. E MIRADE, XA SABEMOS MOITAS COUSAS!!!

8 ene. 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

Hola de novo. Xa estamos de volta! Listos para traballar!? Que tal se comezamos con algunhas actividades sobre o inverno...

(preme nas imaxes para poder xogar)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela