28 abr. 2012

SAÍDA O TEATRO!

O mércores 24, os nenos de 5 anos foron ó teatro a Vigo. Puideron disfrutar dun clásico, pero desta vez en inglés..."PINOCHIO". Representada pola compañía de Recursos "HAZ TEATRING"

24 abr. 2012

ESPECTÁCULO PINOCHO EN INGLÉS

Mañán día 25, os nenos de 5 anos visitarán o espectáculo de Pinocho pola compañía Recursos "HAZ TEATRING". Se queredes saber máis premede na imaxe.

23 abr. 2012

23 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!

Para celebrar e conmemorar o Día Internacional do libro, hoxe tivemos unha visita moi especial.Susa Herrera,autora de moitos contos que temos no recanto de Catuxiña. Fíxonos unha demostración do divertido que é CANTAR CONTOS! Encantounos! fixemos de ratiños,canciños,leóns,koalas,dinosaurios,pitiños... Metímonos moito no papel...tiñades que ver que ben bailabamos todos! Incluídas as profes!

Queredes saber máis:
Título: Animales EnCantadores Autora: Susa Herrera Ilustradora: Maria Noel Toledo ISBN: 9788495923530

17 abr. 2012

VIDEOCONFERENCIA CÓS GOLFIÑOS!

Hoxe os nenos de 4 anos tiveron conexión vía videoconferencia có Loropark de Tenerife. Que ben o pasaron! Contáronnos moitas cousas sobre os golfiños, e para rematar vimos un espectáculo dos mesmos!Xenial!

13 abr. 2012

A MALETA VIAXEIRA DE CONTOS!

Hoxe tivemos visita na escola. Marina Mandarina e Fran o Pillabán contáronnos varios contiños moi divertidos! Pasámolo moi ben co capitán Calabrote, co mono xoguetón, con Inés do revés,a mosca chosca e co rei ordenado...

9 abr. 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Hola de novo, xa estamos aquí coas pilas cargadas...Marchando unha de primavera! Mirade cantos recursos xuntou unha profe da EEI O Sartal de Samieira...Gracias por compartir!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela