27 feb. 2014

ÚLTIMO DIA DE MANDADIÑA...




E MAÑÁN... FESTA DE ENTROIDO!!!

MENÚ DEGUSTACIÓN O GRUPO

 
 
TOSTAS DE PETER PAN Á MAXIA DE CAMPANILLA

 
 
CANAPÉS CRUXIENTES CON ARAÑEIRAS DE SPIDERMAN



ASADO DE HAMELÍN
 
 
 PEIXE ARCOIRIS Ó FORNO
 
 
TULIPAS RECHEAS DE AMORODOS DA HORTA DO COELLIÑO BRANCO CON NATA
 
 
TARTA DE HANSEL E GRETEL
 


24 feb. 2014

ENTROIDO 2014

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • A Mandadiña. A partir do luns, día 24 aparecerá A Mandadiña para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. Nesta ocasión o tema terá que ver coa cociña.
LUNS: CUN MANDIL NA CINTURA GAÑARÁS MOITA SOLTURA
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA

19 feb. 2014

COCIÑANDO CONTOS...

http://www.salondolibro.org/
 
(PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA)
 
A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.

Na nosa escola estamos preparando para o Salón un menú degustación moi especial!! Pronto vos ensinaremos o noso arte para INVENTAR MENÚS!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela