Hoxe é o Día Internacional da
Familia. Noutras circunstancias, mestres e alumnado estariamos nos centros,
organizando a xornada con múltiples actividades para celebrar este día. Pero a
realidade é que nos toca traballar conxuntamente desde a distancia, argallando
maneiras de motivar e acompañar aos nosos cativos.
É por iso que queremos reivindicar as
nosas familias, a súa colaboración e o seu compromiso coas propostas que viaxan
por correos electrónicos, plataformas e móbiles ata as casas. Grazas por
camiñar con nós, por facer que isto mereza a pena; por deixarnos entrar na vosa
privacidade e compartir inquietudes, anécdotas e momentos irrepetibles.
Sabemos que esta conmemoración será
diferente a todas as demais. Así que, hoxe máis que nunca, celebrádeo con bicos,
apertas e sorrisos. Que os xogos, os debuxos, as comidas, sexan o pretexto para
cumprir o que mellor se vos dá: querer aos nenos e nenas como ninguén o fará.
FELIZ DÍA DA FAMILIA!
1 comentarios:
Wow! this is Amazing! Do you know your hidden name meaning ? Scratch here to find your hidden name meaning ████████████████████████████████████████████████████████████████████████████████████████████████
Publicar un comentario