25 oct. 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS. "AS NAIS QUE RECITAN"

 O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. E que mellor ocasión para reivindicar a prodixiosas escritoras de todos os tempos. A través das súas obras, deixan un legado único de prosa e poesía que permanece na memoria e na cultura de cada país. Quixemos facer unha pequeniña homenaxe á súa obra a través doutras voces femininas que, desinteresadamente, reivindican “O esforzo cotián das mulleres”.

        

A maioría das nosas propostas sempre precisan o apoio das familias. E nesta iniciativa tamén se contou coa colaboración dalgunhas nais, cuxo compromiso coa escola é innegable. 

O broche final pono Carme Quinteiro, mestra e escritora pontevedresa cuxa participación foi xestionada por Itcíar Álvarez, coordinadora da actividade cultural de Marín

Velaquí o noso máis sincero agradecemento a

Vanesa López Pérez

Alexia Palacios Cidrás

Sarai Martínez Cortegoso

María Jovita Fontenla Cadavid

María Soledad de los Santos de la Gracia

Carmen María Villanueva Santiago

Davinia Fernández Soto

Cindy Ysabel Mauricio Gómez de Fernández

Marta Landín Hevia

Fátima Zohra Nacer

María Concepción Franco Gómez

Adela Luelvy Taberneiro García

e á poetisa Carmen Quinteiro

17 may. 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020




         Estamos de celebración pois hoxe é o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión, o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Nacido en Ferrol (A Coruña), este catedrático deixounos as regras para que se aprendese a Lingua Galega nas escolas. Publicou moreas de libros e deu conferencias por Europa e América.
         Aquí vos deixamos algúns enlaces para que descubrades curiosidades e outros datos significativos da vida e obra deste galego ilustre. E, se vos animades, atrevédevos a facer unha orixinal caricatura de Ricardo Carvalho.
                          
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!

http://aspitas.gal/(O CONTO, A MÚSICA, A UNIDADE DIDÁCTICA)
http://seminariogalan.org/inicio/portada (DOCUMENTOS PARA IMPRIMIR E ACTIVIDADES EN
LIÑA)











15 may. 2020

DÍA DA FAMILIA


Hoxe é o Día Internacional da Familia. Noutras circunstancias, mestres e alumnado estariamos nos centros, organizando a xornada con múltiples actividades para celebrar este día. Pero a realidade é que nos toca traballar conxuntamente desde a distancia, argallando maneiras de motivar e acompañar aos nosos cativos.
É por iso que queremos reivindicar as nosas familias, a súa colaboración e o seu compromiso coas propostas que viaxan por correos electrónicos, plataformas e móbiles ata as casas. Grazas por camiñar con nós, por facer que isto mereza a pena; por deixarnos entrar na vosa privacidade e compartir inquietudes, anécdotas e momentos irrepetibles.
Sabemos que esta conmemoración será diferente a todas as demais. Así que, hoxe máis que nunca, celebrádeo con bicos, apertas e sorrisos. Que os xogos, os debuxos, as comidas, sexan o pretexto para cumprir o que mellor se vos dá: querer aos nenos e nenas como ninguén o fará.

FELIZ DÍA DA FAMILIA!


















4 may. 2020

@S VALENTES GARDIÁNS




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela