19 dic 2010

AS PEQUECHARLAS "O NADAL"

18 dic 2010

17 dic 2010

" A MAXIA DOS SOÑOS"

Hoxe asistimos a unha función teatral no pavilloón do IES Illa de Tambo, representada pola ludoteca " A Illa dos nenos". Alí puidemos disfrutar todos xuntos da obra "A maxia dos soños"...
Tamén compartiron un tempo connosco a concelleira de educación e o alcalde de Marín, o cal conversou cos nenos, preguntándolles detalles da obra.Os cativos colleron enseguida confianza con el. Xa van varios anos que o Concello organiza actuacións en Nadal para os escolares de Marín.
Moitas grazas, alcalde e concelleira de educación, e que teñamos actuacións moitos anos!




16 dic 2010

Xogamos co nadal!

Preme na imaxe e xoga co LIM do nadal feito pola profe da EEI Tarrio Samieira.(Velen Velasco)

15 dic 2010

FELICES FESTAS DENDE A EEI O GRUPO

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!


Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

XOGAMOS A MONTAR UN BELEN!!


Preme na imaxe e montarás o teu Belén dixital.

9 dic 2010

TWINKLE, TWINKLE, LITTLE STAR

Mirade que ben bailan estes pequechos o Twinkle Twinkle...Esta profe Pili fainos pasalo moi ben!!




2 dic 2010

A ra Juliana!! (Canción da mascota dos nenos de 3 anos)



(Pedriño xa lle podes ensinar a canción a mami)

PANXOLIÑAS PARA O NADAL!!



BELEN ARTESANAL EN MOVEMENTO

Preme na imaxe e entrarás na páxina web oficial do Belén artesanal de Valga. Nela atoparás horarios e indicacións para a súa visita, e tamén poderás ler a historia destas creacións.

Aquí vos deixo un adianto do que poderedes atopar neste diferente Belén.

1 dic 2010

INTERCAMBIO CENTROS (NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA)






(Preme nas imaxes, e poderás acceder ós traballiños que nos mandaron os coles do Carballal, do Sequelo e da Laxe, como intercambio educativo entre centros de marín, adicados nesta ocasión ó magosto e ó Samaín)





29 nov 2010

KENQUEOKE?


A continuación déixovos o enlace da actividade lim do conto KENQUEOKE, a cal estivemos a facer nestes días.
.

23 nov 2010

VIOLENCIA NON

O xoves 25 é o día internacional da violencia contra a muller. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.

22 nov 2010

ERROS NO BLOG

Como vedes desapareceron moitos enlaces que aparecían na parte lateral do blog. Todo se debe a que por necesidade de cambiar algúns elementos do mesmo perdemos toda esa informacion. Intentaremos reconstruir todo o material que tiñamos pero vai ser dificil. Levará algo de tempo. Será de moita utilidade que se vos acordades de enlaces que vos gustaban e o reflexedes aquí. Así será máis facil reunir todo aquilo que máis empregado sexa.

Moitas grazas e perdoade polos cambios. É o que ten a nova tecnoloxía!!

19 nov 2010

O CICLO DA AUGA!!

Os nenos de 5 anos estiveron aprendendo por qué chove?, e en qué consiste o O CICLO DA AUGA.Como resultado da súa aprendizaxe estivemos unha vez máis XOGANDO A CREAR! e neste caso fixemos ánimacións de plastilina. Mirade que ben nos quedaron!!

(ANIMACIÓN NENOS 5 ANOS A)


(ANIMACIÓN NENOS 5 ANOS B)

18 nov 2010

15 nov 2010

QUE SABEMOS DOS SUPERHEROES

Aquí vos deixo o segundo capítulo das PEQUECHARLAS.Nesta ocasión algúns nenos de catro anos cóntannos todo o que saben dos superheroes...que non é pouca cousa...

14 nov 2010

12 nov 2010

MAGOSTO 2010

Hoxe celebramos o Magosto e foi un éxito. Pasámolo moi ben! E todo grazas ós papás da ANPA que traballaron sen parar para que todos os pequechos disfrutaran dunha festa tan nosa como é o MAGOSTO

MOITAS GRAZAS PAPÁS! Sen vós non sería posible!!


10 nov 2010

Traballando o Outono e o Magosto!!


6 nov 2010

VISITA A LOURIZAN( 5 ANOS)

SEGUIMOS DE CELEBRACIONS!!





4 nov 2010

VISITA A LOURIZAN (4 ANOS)

Pasade o rato polas fotos e veredes os detalles ampliados!!




FELIZ CUMPLE KAREN

28 oct 2010

O NOSO PROGRAMA DO BLOG

Papás e mamás deámoslle a benvida ó noso programa do blog! Chamarémoslle
"AS PEQUECHARLAS"

No noso primeiro programa abordaremos o tema do SAMAÍN...a ver que nos contan estes pequechos!



Proximamente veremos o programa adicado ós SUPERHEROES!!

24 oct 2010

SEGUIMOS XOGANDO NO SAMAÍN!


(PREME NA XANELIÑA DA PARTE SUPERIOR DEREITA PARA XOGAR A PANTALLA COMPLETA)

22 oct 2010

XOGA NO SAMAÍN...












Halloween jack

OS SUPERHEROES!!







Nas clases de 4 anos os nenos están descubrindo o mundo dos superheroes!!Mirade que rincons máis chulos crearon para eles, e cántas cousas saben!!




































XOGA COS SUPERHEROES PREMENDO NA IMAXE











18 oct 2010

UUUUUUHHHHHHHHHH...QUE MEDO!!

ACHEGÁMONOS Ó SAMAÍN QUE NOUTROS LUGARES SE CHAMA HALLOWEEN!





(Preme na imaxe e atoparás moitos recursos para o SAMAÍN)





Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!






Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

13 oct 2010

QUE É PERIGOSO?




Premendo na imaxe entraredes na páxina web do proxecto educativo "e por que?"
Premede no apartado de capítulos!! É moi interesante para saber cales son algúns dos perigos que nos rodean!!
Se picades na opción descargas, atoparedes diferentes actividades sobre o proxecto para imprimir!!

10 oct 2010

MIRADE QUE TRANQUILIÑOS!!

Queredes ver como se calman os pequerrechiños ó vir do patio? A verdade é que sorprendente a súa capacidade de relaxación. Deberíamos probar os maiores a ver que tal nos vai!!

QUE BEN O PASAMOS NOS CUMPLES DE HUGO, MIGUEL E RAQUEL!!








ATA BAILAMOS O WAKA WAKA! MIRADE QUE FENÓMENOS SOMOS!!



2 oct 2010

PARABENS ÓS CUMPLEAÑEIROS!!




Presentámovos ós peques do cole.

Faltan fotos dalgúns nenos que non viñeron o día da foto. A próxima semana xa aparecerán tamén eles.



NENOS 3 ANOS B


27 sept 2010

XOGAMOS CO CORPO!!

CACANIMALES!!

Premendo na imaxe accederedes a outra das actividades que estamos a facer na pantalla máxica. Deixo o enlace para que poidan xogar na casa.


ACTIVIDADE CLASE 5 ANOS A

22 sept 2010

A CLASE DE 4 ANOS A

21 sept 2010

ATA SEMPRE BREIXO!!

18 sept 2010

ACTIVIDADE DE 4 ANOS B

14 sept 2010

Descubrindo a pantalla máxica!!



Os nenos de 5 anos B foron os primeiros en descubrir e experimentar coa pantalla dixital, tamén coñecida como..."PANTALLA MÁXICA". Este mesmo día tamén nos sacamos unhas fotiños para crear o noso propio xogo...O resultado é o seguinte!!


Para xogar a pantalla completa hai que premer na xaneliña que aparece na parte superior dereita da actividade, e para comprobar se está correcta ou non, premendo na v que aparece na parte inferior da mesma.


Nos próximos días irán os nenos das outras clases e tamén serán colgadas as súas actividades!!

O SOÑO DO OSIÑO ROSA

Esta é a primeira actividade que estamos a levar a cabo na pantalla dixital...Como lles está gustando tanto resolver os exercicios do conto queda aquí publicado para que poidan xogar nas súas casas...

10 sept 2010

PRIMEIRO DÍA DE COLE...4 e 5 anos

Hoxe foi o primeiro día de cole!! Que nerviosos e contentos estabamos todos!!Foi un día de moita ilusión xa que volviamos a ver os compis, estrenabamos clase,e tamén profes!!Que ben!!

Esperanos un ano moi divertido!!



6 sept 2010

Arrancamos motores!!



O Venres, día 10 de setembro comeza o curso escolar 2010-2011, no que viviremos novas aventuras, aprendizaxes e vivencias que compartiremos coas familias, e demais membros da comunidade educativa. O claustro da escola de educación infantil O Grupo, aproveitamos para darvos a benvida ao novo curso. Esperamos ansiosos a chegada dos peques ás aulas, cargados de enerxía, ilusións e novos proxectos, coa finalidade de que este sexa un ano cargado de logros e emocións para todos.












28 feb 2010

Feliz Cumpleanos Ana Barrera!

25 feb 2010

ENTROIDO 2010

Isto si que é un día cargado de emocións!!


17 feb 2010

SAÍDA SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA 2010

O MÉRCORES DÍA 10 DE FEBREIRO OS NENOS E NENAS DE 4-5 ANOS DA EEI O GRUPO FORON VISITAR O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA. DISFRUTARON DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS E DISFRUTARON VENDO OS TRABALLOS FEITOS SOBRE A TEMÁTICA DESTE ANO NO SALÓN " A CIDADE". ENTRE TODOS OS TRABALLOS DESCUBRIMOS O FEITO POR NÓS: " A GAIVOTIÑA NAMORADA". ANTES DE VOLVER O COLE XOGAMOS COS LIBROS DA BIBLIOTECA DO SALÓN DO LIBRO, E FOI MOI DIVERTIDO SENTARSE NUNS SILLÓNS TAN CHULOS E CÓMODOS!



CUMPLEANOS BREOGÁN


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela