O venres, 5 de febreiro, os nenos e nenas de 4-5 anos do cole fomos de excursión o cine Salesianos de Vigo, para disfrutar da obra de Teatro: "Alicia en el País de las Maravillas" de "Haz Teatring" . ( http://www.recursosweb.com/ ). A experiencia foi moi divertida, e poidemos cantar cos protagonistas, axudar a Alicia a escapar da Raíña de Corazóns, esconderse da súa irmá, e finalmente volver a casa do País das Maravillas, onde coñeceu a persoaxes moi divertidos, como Sr. Gato, el Lirón, Don. Conejo,...e aprender moitas cousas con eles, como por exemplo: -Hai que escoitarse para poder entenderse. -Hai que coidar e querer os amigos. -Non se debe chegar tarde e facer esperar,... Foi un día xenial e moi divertido, por iso chegamos agotados e mortos de fame!!!!!! Ata a próxima aventura!! E a portarse igual de ben! |
<
0 comentarios:
Publicar un comentario