22 dic 2011

O EQUIPO DIRECTIVO DESÉXAVOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANINOVO.


Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

PANXOLIÑAS NO GRUPO

ACTUACIÓN 3 ANOS


                                  ACTUACIÓN 5 ANOS

                                    ACTUACION 4 ANOS


                                                PANXOLIÑAS EN INGLÉS

20 dic 2011

VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOËL. (NENOS 5 ANOS)

DESPEDIDA DIEGO

Onte celebramos unha festa de despedida adicada o noso compi DIEGO! Foi unha festa moi emocionante para un compi moi especial. Todos os teus compañeiros e mestres desexámoste que sexas moi feliz no teu novo cole! Extrañaremoste moitíiisimo!!!! E se volves por Marín non esquezas facernos unha visita!!!

OS NENOS DE 2º DO CEIP SEQUELO MÁNDANNOS UNHA FELICITACIÓN MOI ORIXINAL!!

QUE VISITA TAN AGRADABLE!!


Onte día 19, un grupo de nenos/as do CEIP Sequelo visitáronnos e deleitáronnos coas súas panxoliñas. Estiveron xenial! Mirade, mirade...Aquí tedes a proba!

18 dic 2011

DESPEDIDA AITANA

Fai uns días abandonounos a nosa gran compi Aitana, e a despedimos por todo o alto, cunha gran festa!!Extrañarémoste moito Aitana e desexamos que sexas moi féliz no teu novo cole!!

13 dic 2011

AS PANXOLIÑAS QUE APRENDEMOS!!

4 dic 2011

PREPARÁMONOS PARA O NADAL

( PARA XOGAR NA PRIMEIRA ACTIVIDADE PREME NA IMAXE DE MICKEY)




29 nov 2011

27 nov 2011

OBRADOIRO DE MAXIA(PROXECTO AS BRUXAS)

O venres a Bruxiña Paula (nai de Pedro), acudiu a aula co seu axudante o esquelo Don Pedro, para ensinarnos a facer maxia! Observamos que sucede o mesturar distintas sustancias ¡E non se xuntaban! E para culminar mentres todos movíamos as nosas varitas máxicas decindo as palabras máxicas: "ABRACADABRA PATA DE CABRA" conseguimos explosionar un volcán máxico. ¡Con lava e todo! Foi moi divertido. Grazas Bruxiña pola túa entrega e colaboración.








24 nov 2011

IMOS Ó TEATRO! HANSEL E GRETEL

18 nov 2011

OUTRA CANCIÓN IN ENGLISH!!

A profe Berta proponnos traballar sentimentos con esta canción!! ós nenos lles encanta! Así, por poularidade da mesma vola colgamos nesta entrada para que a poidan escoitar na casa!!



14 nov 2011

HANSEL E GRETEL!!

O próximo día 24 os nenos de 3 e 4 anos imos ir ó teatro a ver a obra dos Irmáns Grimm. Para ir preparándonos imos ir traballando con algúns recursos que a propia compañía "TRANSEDUCA" nos ofrece.



  



Premede na imaxe e accederedes ó portal onde atoparedes as cancións da obra de teatro e a unidade didáctica relacionada coa mesma!!

Tamén deixamos unha actividade interactiva relacionada co conto!! Aínda que atoparedes uns cambios!! A ver se vos dades de conta! Entra e xoga!!

11 nov 2011

E HOXE...MAGOSTO!!

Un ano máis celebramos esta festa tan nosa! Esta festa que tanto nos gusta e que foi posible grazas a colaboración das familias que aportaron as castañas e por suposto os membros da ANPA que traballaron de cheo para que esta tradición siga entusiasmando e divertindo ós nosos cativos!! Unha vez máis, grazas a todos!!

DISFRUTRAMOS DO OUTONO!!

Xa sabedes que durante a semana estivemos a facer unha exposición do outono!! Estamos moi contentos xa que foron moitas as familias que participaron nela. Fomentades deste xeito unha das competencias básicas;a "interacción có mundo físico" axudadando ós nenos a coñecer ó mundo que lles rodea dende unha perspectiva motivadora e lúdica!!

Fixemos nestes días tamén un taller creativo da man da ludoteca Colorín Colorado! "Coa chegada do Outono caeron as piñas do piñeiro! As pobres tiñan frío! Así pois, os nenos do Grupo que somos tan solidarios puxémoslle ós señores Piña, un pucho, unha bufanda, unhas botiñas e un paraugas para así tornar o frío e a cHoiva!!"

3 nov 2011

29 oct 2011

SEMANA DE SAMAÍN!!

24 oct 2011

DÍA INTERNACIONAL DE BIBLIOTECAS





Como o título desta entrada anuncia hoxe é o día internacional de bibliotecas. Para celebralo fixemos unha festa de apertura na nosa biblioteca "A charca de Catuxiña".Así, hoxe coñecemos a esta ra tan simpática que nos contou varios contos xunto coa súa amiga Lupita. Gustáronnos e pasámolo ben, e ademáis aprendemos algo moi importante...
Hai que coidar os nosos contos, xa que eles pódennos trasladar a mundos maravillosos portadores de maxia e fantasía...

Para rematar fixemos unhas Catuxiñas para gardar como recordo! A ver que vos parecen!!


20 oct 2011

APRENDEMOS INGLÉS CANTANDO!!

A profe de inglés (Berta) está ensinando cancións en inglés relacionadas có Samaín(Halloween), aquí volas deixamos para que os nenos as practiquen!A verdade é que lles encantan! Facede a proba!!






16 oct 2011

XOGOS E ACTIVIDADES DO SAMAÍN





ACHÉGASE O SAMAÍN...ÍMONOS PREPARANDO!!




ORIXE DO SAMAÍN



O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.








2 oct 2011

O PAÍS DAS LETRAS!

Na clase dos nenos de 5 anos están traballando có método do país das letras...Aquí lles deixamos un jclic para que practiquen! Se queres xogar a pantalla completa preme no seguinte enlace. XOGAR

EN DEFENSA DOS DOCENTES

FACEMOS CREBACABEZAS!

Que tal se facemos crebacabezas para coñecer os nenos novos do cole?

1 oct 2011

NOVA AVENTURA: "PROXECTO AS BRUXAS"



O luns os nenos e nenas de 4 anos, comezamos o proxecto de investigación sobre as bruxas, eses personaxes máxicos que dan tanto medo!!! Imos averiguar cómo son, que comen, que tipos de bruxas existen, como visten, que animais as acompañan...e como fan MAXIA!!!!! Vai ser moi divertido!!!!

Xa temos nas nosas aulas un recuncho adicado a elas, con libros onde aparecen, debuxos, bonecos e marionetas, accesorios de bruxas para xogar a ser bruxiños e bruxiñas, e moitas cousas máis!!!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración, de parte das bruxiñas e bruxiños de 4 anos!!

Deixámosvos a canción da Bruxiña Tapita que tanto nos gusta!!!

Bicos de Bruxa!!!!!!!!

24 sept 2011

PRESENTÁMOSVOS ÓS MÁIS PEQUECHOS!!

Estas dúas semanas que van de curso supuxeron o período de adaptación dos novos nenos que se incorporan ó cole! Os maiores todavía non os coñecen porque nunca coincidiron no patio... Este luns xa estaremos todos xuntos, que ben!!

Aquí vos deixamos as súas fotiños para que saibades cómo se chaman!!



12 sept 2011

4 sept 2011

E PARA QUENTAR MOTORES BAILAMOS UN POUCO!!


COMEZAMOS DE NOVO!!



O Venres, día 12 de setembro comeza o curso escolar 2011-2012, no que viviremos novas aventuras, aprendizaxes e vivencias que compartiremos coas familias, e demais membros da comunidade educativa. O claustro da escola de educación infantil O Grupo, aproveitamos para darvos a benvida ao novo curso. Esperamos ansiosos a chegada dos peques ás aulas, cargados de enerxía, ilusións e novos proxectos, coa finalidade de que este sexa un ano cargado de logros e emocións para todos.












3 jul 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO 2011

Por petición xeral aquí vai o video das actuacións do festival,cedido por varias mamás!! Sinto a tardanza. Un bico para todos e que pasedes un moi bo verán. Aquí vos esperaremos coas pilas cargadas en setembro.

22 jun 2011

25 may 2011

EXCURSIÓN A APÍPOLIS ( 5 ANOS)

O martes 24 os nenos de 5 anos fixeron a súa última excursión coa EEI O GRUPO. Fomos a APIPOLIS! e hai que dicir que o pasaron XENIAL! Fixeron e aprenderon un montón de cousas coas abellas! Mirade, mirade! Así foi o día...




Cando chegamos xa estaban agardando por nos os monitores, que foron divertidísimos e moi atentos!! Xuntáronnos e contáronnos un conto...Despois dividíronnos en grupos e fixemos diferentes talleres... Vestímonos de apicultores, fixemos mel, velas, galletas...e moitas cousas mais!!




Despois de moito traballar, chegou a hora de xantar...QUE FAME TIÑAMOS!! Así é que comimos todiño!!E tralo xantar...XOGAMOS, XOGAMOS E XOGAMOS!!



23 may 2011

XOGAMOS CUNHAS DAMAS MOI ATREVIDAS!!


Preme na imaxe para xogar

20 may 2011

VISÍTANOS A RA JULIANA!

Os nenos de 3 anos teñen a mascota de verdade...A ra Juliana visítanos! Mirade que contentiños andan!!


10 may 2011

SAÍDA O TEATRO

Hoxe fomos a Pontevedra ao auditorio de "NOVACAIXAGALICIA"para ver o espectáculo:"CANDO CHOVE E RAIA O SOL" de VIRAVOLTA TÍTERES.



SINOPSE DE OBRA:
Terrible accidente no Pazo do Calendario. ¡Que desgraza!. O calendario ¡Caeu! , todo polo chan. ¡estragouse!. E agora anda o tempo revolto. As estacións tolearon. O señor verán non sabe se é outono ou inverno, e mesmo a señorita Primavera. E ¿don Inverno?. Aos sus anos e saltando cacharelas de San Xoan, como se fose un verán calquera.

Esto hai que arranxalo como sexa, hai que voltar a ordear o calendario. Cada mes na súa estación.

Martiño e o galo Rigoleto, co poder dos refráns e cancións que serven como conxurs máxicos, volverán a poñer os meses no seu llugar para que as cousas sexan como teñen que ser...



8 may 2011

6 may 2011

3 may 2011

OUTRO MAIO NA ESCOLA!!


Este ano tivemos moita sorte xa que puidemos cantar ó redor de dous maios distintos...A familia de Alba (5 anos), quixo compartir con nós estoutro Maio.A ver que vos parece...

O COELLIÑO DE YAIZA


O mes pasado Yaiza de 5 anos, tróuxonos o seu coelliño. Aquí o tendes para compartilo con todos!!


A FESTA DOS MAIOS!!

Este Domingo os nenos do Grupo luciron o seu maio... Tan ben o fixeron que gañaron o 1º premio á interpretación, e por iso deixamos aquí a proba delo...


Isto non podería ser posible sen o esforzo e compromiso dos membros da AMPA. Por segundo ano consecutivo, asumiron a responsabilidade de elaborar non só o Maio, senón tamén as coplas e os ensaios có alumnado. Noraboa polo premio recibido, o cal demostra o froito do voso traballo!!


29 abr 2011

ANIMACIÓN A QUE SABE A LÚA?

A partir do conto que xa colgamos anteriormente A que sabe a lúa?, fixemos unha animación e inventamos unha cantiga...A ver que vos parece o noso último traballo!

CONTOS PARA UN CALDIÑO...

O mércores tivemos visita no cole... Andreaeaeaeaeaea! Unha contacontos xenial. Xa a coñeceramos no salón do libro e o outro día puidemos disfrutar unha vez máis de Baobab teatro. Nesta ocasión fíxonos un caldo de contos...E quedou riquíiiiiiiiiiiiiiisimo! Aquí vos deixamos algunhas fotiños...



28 abr 2011

O CROCODILO NAMORADO

Seguimos atopando actividades chulis para traballar os contos....Polo tanto seguimos achegándonos ó fantástico mundo da literatura e como non fomentando a lectura!



15 abr 2011

NA EEI O GRUPO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro. En conmemoración do mesmo na escola levamos a cabo unha serie de actividades; creación de marcapáxinas para intercambiar con outros coles, exposición dos contos favoritos dos nenos na aula,e participación na campaña organizada pola concello de marín " Érase unha vez un libro...libre" Esta campaña nace co obxectivo de difundir a cultura a través da lectura, promovendo cos nosos propios medios, a liberación masiva de libros nese día. A actividade consistiu na previa recollida de libros en tódolos coles e asociacións. E hoxe día 15 levamos a cabo a súa liberación, empregando como zona de cruce o Palco da Música da Alameda de Marín. Alí unha vez presentado o acto, liberáronse de forma conxunta os exemplares, e cada un de nós collemos un libro que foi donado por outra persoa...

Queredes ver como foron as nosas experienzas? Pois aquí vos queda unha recopilación das fotos relacionadas co día do libro.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela