25 feb 2011

ENTROIDO ENTROIDIÑO CHEGA CÓ MANDADIÑO


A partir de hoxe, aparece o Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.



Luns: camiseta grande por riba da roupa.


Martes: a mesma camiseta e viseira ou gorro.


Mércores: camiseta grande, viseira e pano no pescozo.


Xoves: camiseta grande, viseira, pano no pescozo e cara pintada.

20 feb 2011

TRABALLAMOS CON CONTOS!!

Unha vez máis seguimos fomentando a aproximación ás TICS...Nesta ocasión traballamos cun contiño de Kalandraka titulado "A qué sabe a lúa?"...Pronto vos mostraremos algunhas das cousiñas que estamos realizando na clase sobre o mesmo.

18 feb 2011

XOGAMOS CON DORA!

Preme na imaxe e poderás xogar no LIM de Dora a Exploradora, Os peques de 3 anos xa o fixeron e lles encantou!

8 feb 2011

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO


Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano no salon do libro a temática consiste en afondar nun deses comportamentos: A MENTIRA.

A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso...

Na EEI O GRUPO tamén traballamos a mentira con diferentes contos;
- Andrés o mentireiro
- Corre corre cabaciña
- Os tres porquiños...

A partir destes fixemos un traballiño que foi exposto no salón do libro o cal visitamos hoxe.
Alí puidemos ver os traballos doutros coles... eran chulísimos!!Tamén escoitamos a uns fantásticos contacontos que nos fixeron rir e descubrir moitísimas mentiras dos contos!!






Se queredes saber máis sobre o salón do libro premendo na imaxe accederedes á súa web


4 feb 2011

MAIS SOBRE DINOSAURIOS!!

Xa podemos seguir xogando cos dinosaurios...Aquí deixamos dúas actividades LIM sobre dinos que nos favoreceu unha profe estupendísima do CRA de Vilaboa. Gracias Conchita e por suposto gracias a Fina a autora da mesma!Un biquiño moi grande para o cra de vilaboa dende a EEI O GRUPO!!


3 feb 2011

Xogamos con Cocorico!!

Preme na imaxe e xoga no LIM do conto de Cocorico! No cole xa o fixemos e encantounos...Aquí queda o enlace para que xoguen na casa

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela