A partir de hoxe, aparece o Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.
Luns: camiseta grande por riba da roupa.
Martes: a mesma camiseta e viseira ou gorro.
Mércores: camiseta grande, viseira e pano no pescozo.
Xoves: camiseta grande, viseira, pano no pescozo e cara pintada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario