Páginas

15 abr 2011

NA EEI O GRUPO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro. En conmemoración do mesmo na escola levamos a cabo unha serie de actividades; creación de marcapáxinas para intercambiar con outros coles, exposición dos contos favoritos dos nenos na aula,e participación na campaña organizada pola concello de marín " Érase unha vez un libro...libre" Esta campaña nace co obxectivo de difundir a cultura a través da lectura, promovendo cos nosos propios medios, a liberación masiva de libros nese día. A actividade consistiu na previa recollida de libros en tódolos coles e asociacións. E hoxe día 15 levamos a cabo a súa liberación, empregando como zona de cruce o Palco da Música da Alameda de Marín. Alí unha vez presentado o acto, liberáronse de forma conxunta os exemplares, e cada un de nós collemos un libro que foi donado por outra persoa...

Queredes ver como foron as nosas experienzas? Pois aquí vos queda unha recopilación das fotos relacionadas co día do libro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario