O martes 24 os nenos de 5 anos fixeron a súa última excursión coa EEI O GRUPO. Fomos a APIPOLIS! e hai que dicir que o pasaron XENIAL! Fixeron e aprenderon un montón de cousas coas abellas! Mirade, mirade! Así foi o día...
Cando chegamos xa estaban agardando por nos os monitores, que foron divertidísimos e moi atentos!! Xuntáronnos e contáronnos un conto...Despois dividíronnos en grupos e fixemos diferentes talleres... Vestímonos de apicultores, fixemos mel, velas, galletas...e moitas cousas mais!!
Despois de moito traballar, chegou a hora de xantar...QUE FAME TIÑAMOS!! Así é que comimos todiño!!E tralo xantar...XOGAMOS, XOGAMOS E XOGAMOS!!