29 nov 2011

27 nov 2011

OBRADOIRO DE MAXIA(PROXECTO AS BRUXAS)

O venres a Bruxiña Paula (nai de Pedro), acudiu a aula co seu axudante o esquelo Don Pedro, para ensinarnos a facer maxia! Observamos que sucede o mesturar distintas sustancias ¡E non se xuntaban! E para culminar mentres todos movíamos as nosas varitas máxicas decindo as palabras máxicas: "ABRACADABRA PATA DE CABRA" conseguimos explosionar un volcán máxico. ¡Con lava e todo! Foi moi divertido. Grazas Bruxiña pola túa entrega e colaboración.








24 nov 2011

IMOS Ó TEATRO! HANSEL E GRETEL

18 nov 2011

OUTRA CANCIÓN IN ENGLISH!!

A profe Berta proponnos traballar sentimentos con esta canción!! ós nenos lles encanta! Así, por poularidade da mesma vola colgamos nesta entrada para que a poidan escoitar na casa!!



14 nov 2011

HANSEL E GRETEL!!

O próximo día 24 os nenos de 3 e 4 anos imos ir ó teatro a ver a obra dos Irmáns Grimm. Para ir preparándonos imos ir traballando con algúns recursos que a propia compañía "TRANSEDUCA" nos ofrece.



  



Premede na imaxe e accederedes ó portal onde atoparedes as cancións da obra de teatro e a unidade didáctica relacionada coa mesma!!

Tamén deixamos unha actividade interactiva relacionada co conto!! Aínda que atoparedes uns cambios!! A ver se vos dades de conta! Entra e xoga!!

11 nov 2011

E HOXE...MAGOSTO!!

Un ano máis celebramos esta festa tan nosa! Esta festa que tanto nos gusta e que foi posible grazas a colaboración das familias que aportaron as castañas e por suposto os membros da ANPA que traballaron de cheo para que esta tradición siga entusiasmando e divertindo ós nosos cativos!! Unha vez máis, grazas a todos!!

DISFRUTRAMOS DO OUTONO!!

Xa sabedes que durante a semana estivemos a facer unha exposición do outono!! Estamos moi contentos xa que foron moitas as familias que participaron nela. Fomentades deste xeito unha das competencias básicas;a "interacción có mundo físico" axudadando ós nenos a coñecer ó mundo que lles rodea dende unha perspectiva motivadora e lúdica!!

Fixemos nestes días tamén un taller creativo da man da ludoteca Colorín Colorado! "Coa chegada do Outono caeron as piñas do piñeiro! As pobres tiñan frío! Así pois, os nenos do Grupo que somos tan solidarios puxémoslle ós señores Piña, un pucho, unha bufanda, unhas botiñas e un paraugas para así tornar o frío e a cHoiva!!"

3 nov 2011

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela