21 dic 2013
17 dic 2013
VISITA DE ANTIGOS ALUMNOS...
Outro ano máis tivemos unha visita moi especial! Antigos alumnos da nosa escola, agora estudiantes no CEIP O Sequelo, agasalláronnos co seu repertorio de panxoliñas. Encantáronnos!
Grazas nenos e nenas e grazas ós profes que os acompañan nesta iniciativa e xa tradición entre os nosos centros.
Aquí vos deixamos a mostra do ben que o fan!
Etiquetas:
NADAL 2013
PANXOLIÑA CON MOITO RITMO...
Dende o CEE de Vilagarcía mándannos felicitacións de Nadal dunha forma moi orixinal...queredes velo?
Grazas!
Etiquetas:
NADAL 2013
3 dic 2013
25 nov 2013
24 nov 2013
DÍA DA NON VIIOLENCIA DE XÉNERO
O Luns 25 é o día internacional da non violencia de xénero. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.
Etiquetas:
Día da non violencia de xénero
18 nov 2013
MAGOSTO 2013
Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow
Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow
Etiquetas:
MAGOSTO 2013
10 nov 2013
30 oct 2013
26 oct 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar o día das bibliotecas escolares, abrimos as portas da nosa ós máis pequenos do cole para darlles a benvida á "CHARCA DE CATUXIÑA". Disto encargáronse os nosos veteranos, cunha pequena poesía e coa entrega dos carnets da biblio. Por último Catuxiña deixounos unhas maletiñas viaxeiras para os nenos de 3 anos...As profes Lucía e Inés mostraron o que hai no seu interior...
Etiquetas:
BIBLIOTECA
12 oct 2013
ACHÉGASE O SAMAÍN
ORIXE DO SAMAÍN
O calendario celta está dividido en catro estacións:
• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.
O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.
Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.
Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.
Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.
Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.
Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.
Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.
Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.
Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.

29 sept 2013
25 sept 2013
11 sept 2013
10 sept 2013
9 sept 2013
23 jun 2013
22 jun 2013
17 jun 2013
14 jun 2013
NOS TAMÉN CREAMOS. " A ESCALEIRA"
Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
A EEI O GRUPO un ano máis participa neste proxecto...E aquí vos deixamos a mostra do noso traballo...
Para ver as curtas doutros coles e máis información premede na seguinte imaxe.
Para ver as curtas doutros coles e máis información premede na seguinte imaxe.
Etiquetas:
NOS TAMEN CREAMOS
13 jun 2013
12 jun 2013
8 jun 2013
26 may 2013
20 may 2013
16 may 2013
12 may 2013
8 may 2013
5 may 2013
25 abr 2013
24 abr 2013
FRAN DE "ILLA DOS NENOS" CONTACONTOS MÁXICOS
Para conmemorar o día do libro ,que foi onte día 23, contamos hoxe coa visita de Fran e Marina da Ludoteca "Illa dos nenos".
Foron contos xeniales, e sobretodo MÁXICOS...ENCANTOUNOS!
Foron contos xeniales, e sobretodo MÁXICOS...ENCANTOUNOS!
Etiquetas:
CONTACONTOS,
DIA DO LIBRO
23 abr 2013
CAMPAÑA DA FEIRA DE LIBROS USADOS
No cole temos ó gañador da sección infantil na campaña da feira dos libros usados.
Ethan é o artista.
22 abr 2013
9 abr 2013
20 mar 2013
13 mar 2013
SEMANA DA PRENSA
Esta semana celébrase a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".
Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Para dar resposta a moitas das preguntas que se fan os cativos sobre este medio de comunicación visitounos un representante do DIARIO DE PONTEVEDRA. Contounos moitas cousas e ensinounos un video moi chulo dunha máquina enorme chamada imprenta....Foi xenial!

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NUN PORTAL CON MOITOS ENLACES.
Etiquetas:
SEMANA DA PRENSA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)