30 oct 2013

SAMAÍN 2013





 


26 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o día das bibliotecas escolares, abrimos as portas da nosa ós máis pequenos do cole para darlles a benvida á "CHARCA DE CATUXIÑA". Disto encargáronse os nosos veteranos, cunha pequena poesía e coa entrega dos carnets da biblio. Por último Catuxiña deixounos unhas maletiñas viaxeiras para os nenos de 3 anos...As profes Lucía e Inés mostraron o que hai no seu interior...








 


12 oct 2013

ACHÉGASE O SAMAÍN





ORIXE DO SAMAÍN


O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela