28 dic 2016

21 dic 2016

20 dic 2016

VOLVEMOS A VERNOS!

Como todos os anos os alumnos do Sequelo fannos a esperada visita e agasállannos coas súas panxoliñas. Estamos encantados de volver a ver aos nosos vellos alumnos. Moitas grazas por vir rapaces!
!

OS NOSOS PEQUENOS DEMOSTRAN A SÚA CREATIVIDADE!

Un ano máis participamos no concurso de postais do Ateneo Santa Cecilia. A alta participación e a calidade dos traballos foron os aspectos destacados polos xurados do certame. Os gañadores de educación infantil foron tres dos nosos pequenos.
 1º premio 
Arantxa Lobato Moreno 


 2º premio 
 Álex Almazán pérez 


 3º premio 
 Aylen Bellyard Fernández








11 dic 2016

25 nov 2016

6 nov 2016

26 oct 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como cada ano, volve outubro protagonizando ás Bibliotecas Escolares, abrindo portas nos centros e dando o pistoletazo de saída ó servicio de préstamo. Tal e como aprobou no 2007 a IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar) cada ano no mes de Outubro conmemoramos o día das bibliotecas escolares.
Para celebralo os maiores do cole repartiron os carnés de biblioteca aos novos alumnos...Qué ilusión temos por comezar a vivir novas aventuras con novos contos e coa mochila viaxeira!

Por outro lado quixemos levar un recordiño do día coa nosa mascota Catuxiña!

16 oct 2016

TRABALLAMOS CONTIÑOS

MÁIS RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN

ACHÉGASE O SAMAÍN...


ORIXE DO SAMAÍN


O calendario celta está dividido en catro estacións:

• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.


O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.


Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.

Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.

Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.

Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.

Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.

Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.

Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.

10 sept 2016

23 jun 2016

3 may 2016

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO

PREME NAS IMAXES PARA XOGAR






22 abr 2016

12 feb 2016

ENTROIDO 2016


 
 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela