23 dic 2018

NORABOA FLAVIA

Felicitamos a Flavia xa que non só ilustrou a postal do noso cole, senón que tamén gañou o concurso de postais do Ateneo Santa Cecilia. Parabéns!



UN DÍA CHEO DE ILUSIÓN, MAXIA EMOCIÓN...

O día de hoxe foi moi completo. Cheo de emocións, alegría, sorpresas, nervios, baile...

A primeira sorpresa do día foi a visita de Papá Noel.

PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS CON PAPÁ NOEL

 Dende Laponia cargadiño de agasallos pasou un ratiño con nós. Foi xenial!



Para celebrar esta xenial visita cantamos a nosa Panxoliña...Mirade que simpáticos estamos!

e como non, o broche final, a festa das CAMPANADAS...



Trala explicación da presentadora comemos os 12 gusanitos e ao rematar festa rachada con moito baile!






Que cansos rematamos! Pero para iso temos as vacacións…




FELICES FESTAS A TODOS

MOITOS BICOS E APERTAS

23 nov 2018

NA E.E.I. O GRUPO REXEITAMOS A VIOLENCIA.



O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Na EEI O Grupo quixemos sumarnos ás miles de actuacións que ao longo do planeta reclaman unha convivencia pacífica, baseada no respecto e nos dereitos fundamentais que posuímos homes e mulleres.
Desde a diversidade que caracteriza ás familias do noso alumnado, compartimos con todos vós este sinxelo vídeo onde as fronteiras lingüísticas desaparecen en prol da mesma causa.



















20 nov 2018

DIA INTERNACIONAL DA INFANCIA. OS DEREITOS DOS NENOS/AS


EXPRESAMOS OS NOSOS DEREITOS CON ARTE

TEMOS DEREITO A IR AO COLE E APRENDER
TEMOS DEREITO A XOGAR
TEMOS DEREITO A SER QUERIDOS E PROTEXIDOS ...



REINTERPRETACIÓN DE CADROS DE PABLO PICASSO





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela