EEI O GRUPO quere compartir con vós a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación:
§
EXPOSICIÓN DE FOTOS
ANTIGAS. Para facer unha
exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de
Entroidos anteriores.
§
REFRÁNS, ADIVIÑAS E
RECEITAS.
Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
Colocaranse na entrada principal para que as titoras leven aos grupos a coñecer
un pouco máis da tradición e da gastronomía.
§
A SARDIÑA MANDADIÑA. A partir do luns 8 a Sardiña virá para acompañarnos
durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que
vestir do luns ao venres.
§
FESTA DE ENTROIDO. O venres día 12 de febreiro teremos a festa de
disfraces en cada aula para quen queira vir preparado da casa. Por motivos de
hixiene, non se empregarán pinturas de cara na escola co alumnado.
Na merenda dese día, que se traerá da casa, o centro contribuirá cun doce típico do Entroido que se repartirá, de maneira individual, a cada neno/a
.
0 comentarios:
Publicar un comentario