19 feb 2021

PREMIADOS NO COLE

Por vez primeira participamos no concurso de debuxos de Entroido do Ateneo Santa Cecilia, na categoría de Infantil.Fixemos auténticas obriñas de artee, como resultado obtivemos tres premios.Noraboa, compañeiros, estamos moi orgullosos de vós!+Carlota Da Silva:  1º premio

Isaac Crestelo Rosales: 2º Premio

11 feb 2021

COÑECE A NOSA ESCOLA

Preme na imaxe para ver a presentación


7 feb 2021

A SARDIÑA MANDA...

 






ENTROIDO ENTROIDIÑO

 

 EEI O GRUPO quere compartir con vós a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación:

§     EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores.

§     REFRÁNS, ADIVIÑAS E RECEITAS. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data. Colocaranse na entrada principal para que as titoras leven aos grupos a coñecer un pouco máis da tradición e da gastronomía.

§     A SARDIÑA MANDADIÑA. A partir do luns 8 a Sardiña virá para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao venres.

§     FESTA DE ENTROIDO. O venres día 12 de febreiro teremos a festa de disfraces en cada aula para quen queira vir preparado da casa. Por motivos de hixiene, non se empregarán pinturas de cara na escola co alumnado.

Na merenda dese día, que se traerá da casa, o centro contribuirá cun doce típico do Entroido que se repartirá, de maneira individual, a cada neno/a

.



30 ene 2021

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela