29 dic 2009

CUMPLEANOS DECEMBRO 5 ANOS B

EN DECEMBRO NA AULA DE 5 ANOS B FESTEXOUSE O CUMPLEANOS DE ROBERTO, TANIA E YAIZA ¡FELICIDADES PEQUES!

Panxoliña Navideña

O día do Festival de Nadal todos xuntos cantamos a seguinte panxoliña de Nadal da man de Pili a super teacher de inglés. FELIZ NAVIDAD!!!!!!!

FESTIVAL DE NADAL

O último día de cole celebramos o Festival de Nadal con diferentes actuacións. A primeira foi a obra do Arco da Vella, protagonizada por mamas e coa colaboración da ludoteca Colorín Colorado.



Despois actuaron os nenos e nenas de actividades extraescolares coa panxoliña "O Burrito Sabanero".


Despois cantaron os peques do cole "A Estrela de Belén" seguidos dos cativ@s de 4 anos "Rodolfo o Reno". E para rematar os miores do cole cantaron "Din don din don".


E para finalizar un gran día visitounos Papa Noel, cargado de agasallos, porque fomos uns nen@s e " profes" moi bos!






21 dic 2009

Felicidades Pablo e Ana Belén - 5 Anos A

O venres 18 de decembro estivo de Cumpleanos Pablo e festexámolo por todo o alto. Foi un día moi movido: fomos o concello a escoitar o apalpabarrigas e colgar as nosas campanillas nas árbores, comemos tarta e soplamos as velas e ata vimos e falamos con Papa Noel dende Laponia!

O luns 21 de decembro estivo Ana Belén de Cumpleanos e tamén fixemos unha festa: con tarta e velas, e ata maquillámonos de Nadal! É moi divertido cumprir anos, facerse maior e compartir debuxos, emocións e desexos cos nosos compis de infantil.

Felicidades Pablo e Ana Belén, xa sodes moi maiores!

Videoconferencia con Papa Noel dende Laponia

O venres 18 de decembro os nen@s de 5 anos da escola fomos a ver a Papa Noel por videoconferencia dende Laponia. Para iso tivemos que ir a Biblioteca de Marín, onde o alcalde tiña todo preparado para que poideramos velo e escoitalo. Aínda que non todos puidemos falar, foi moi emocionante. Cantamos a panxoliña do "Burrito Sabanero" e pedímoslle a PAZ, así como algún xoguete, porque fomos uns nen@s moi moi bos!

Saída o Concello de Marín

O venres 18 de decembro os nen@s de todo o cole fomos de visita o concello para disfrutar dunha sesión de Contacontos moi divertida, da man do Apalpabarrigas, que deunos moitos consellos de alimentación e de como cociñar contos!




O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.



Aproveitando a visita, levamos unhas campanas de nadal feitas polos nen@s do cole, e decoramos as árbores da nosa cidade, xunto cos traballiños feitos por nenos e nenas de outros coles do concello. As árbores decoradas polos nen@s do cole, atópanse diante do conclello. Así deste modo, a nosa vila estará fermosa, coa axuda de todos os cativos e cativas que nela viven.

15 dic 2009

CUMPLEANOS MAYRA-5 ANOS A

13 dic 2009

BO NADAL 2009 E PRÓSPERO ANO NOVO 2010

O Equipo Directivo da Escola de Educación Infantil O Grupo de Marín, en representación de todo o Claustro, quere desexar a toda a Comunidade Educativa:
"Un Feliz Nadal e que o novo ano veña cargado de ilusión e felicidade."

Non esquezades ver o video que non ten desperdicio! jejeje



Send your own ElfYourself eCards

8 dic 2009

6 Decembro: Cumpleanos da Constitución

Aproveitando o 31 Cumpleanos da nosa Constitución, acercamos o alumnado este texto que recolle os dereitos básicos que tod@s deberiamos ter, reflexionando sobre a igualdade, amistade,...dun modo acorde as idades coas que traballamos.
-Que Carapuchiña poida ir a escola e teña dereito a EDUCACIÓN.
-Que o Patiño Feo se lle trate con IGUALDADE E AMISTADE.
-Que os 3 Porquiños teñan dereito a unha VIVENDA DIGNA.
-Que o SOLDADIÑO DE CHUMBO teña dereito a SANIDADE.
-Que Hansel e Gretel teñan dereito a unha FAMILIA.
Deste modo tamén son conscientes de porqué estivemos tantos días sen cole, e que se festexaba esta ponte.
¡Felicidades Constitución! Oxalá algún día non quede ninguén sin eses dereitos cubertos!

23 nov 2009

Yaci y su muñeca de maíz

Este conto é moi apropiado para traballar paralelo o taller das bonec@s de millo. ë un conto brasileiro dunha nena chamada Yaci, que tamén creou a sua boneca cunha mazorca de millo.

Premer sobre a imaxen para accerder o conto.


Obxetivos da Actividade:

-Construir unha boneca partindo dunha mazorca de millo.
-Desarrollar a imaxinación e craetividade plástica.
-Acercarse a un novo tipo de xoguetes.
-Valorar a importancia do reciclado.
-Coñecer a situación cotiá doutros nen@s noutros lugares do mundo.
-Evitar o consumismo, aproveitando a proximidade do Nadal e campaña de xoguetes.

Taller de bonec@s de millo

Aproveitando o outono e eses foitos maravillosos que nos ofrece, varias aulas do cole organizamos un taller de bonec@s de millo, onde os peques puideron manipular as mazorcas de millo, observalas suas partes: as follas, os grans,... Para crear as nosas bonecas e bonecos pasamos por diferentes talleres:
-Taller de vestido: Onde escollían a cor da roupa e como ían vestir o seu bonec@: saia, pantalón, camiseta, top, lazo,...
-Taller de decorado: Onde decoraban as roupas feitas no taller anterior con materiais variados: gomets, lá,...
-Taller de caras e peinado: aquí facían as caras (ollos, nariz, boca, orellas,...con plastilina) así como decidir o peinado( coleta, 2 coletas, pelo,... con lazo ou sen el,...)

¡Foi unha mañá moi divertida e a verdade é que quedaron unhas bonec@s preciosas!


21 nov 2009

Cumpleanos Ángela

¡Felicidades Ángela! Pasámolo moi ben, é o bizcoito de chocolate estaba boísimo, rico rico! Un bico enorme dos teus compis e a profe!


MAGOSTO 2009

Aquí tedes o que é un Magosto por todo o alto, coa colaboración e aportacións de todos, para que os peques disfruten e non esquezan os momentos vividos na educación infantil.

17 nov 2009

Debate Social: A Lectoescritura na educación infantil

Fai uns días tiven a oportunidade de ler o seguinte artículo de prensa, que trata un tema que afecta a nosa etapa educativa, e sobre a que é frecuente escoitar opinións diversas: A lectoescritura. Tema que tanto parece agobiar a moitos, despreocupar outros tantos, ou ser o camiño para outros. Posto que este blog creouse coa intención de ser un canal de comuncación entre todos, pareceume unha boa idea facer chegar a todos dito artículo, para que todos poidamos opinar o respecto.

O lado dereito do blog tedes unha encuesta sobre o tema, se queredes opinar.

9 nov 2009

Cumpleanos Rubén- 5 anos A

Magosto 2009


ImageChef.com Poetry Blender

O venres 13 celebrarase o Magosto no cole.

6 nov 2009

Samaín 2009

4 nov 2009

Cumpleanos 5 anos B

25 oct 2009

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com

22 oct 2009

15 oct 2009

Presentación e Benvida O Proxecto Sorrural

Aquí está a nosa presentación para o Proxecto Sorrural, para dar a benvida a esta nova aventura, que nos levará a poder disfrutar de moitas experiencias, intercambios, e coñecer amiguiños novos doutras partes do territorio español, cos que aprender e compartir momentos, experiencias,...
Benvida Sorrural e a todos os teus membros.

13 oct 2009

Xandre, o Elefante sen Sombra

xandreUn grupo de membros de TADEGa (Tecnoloxías de Atención a Diversidade na Educación GAllega) participaron na elaboración dun conto, pero non é un conto calqueira, é un conto para tod@s

Tratábase de que Xandre fose un conto co que todas as persoas que se acercaran a él poideran disfrutalo.Por eso ten unha versión en galego e otra en castelán, utiliza o sistema pictográfico e unha versión en lingua de señas (galego e castelán).nai
Ademais das diferentes versions adjuntase tamén unha serie de actividades para traballar con él, estas actividades abarcan dende Infantil o primer ciclo de Primaria. xenia

Neste enlace poderedes ver , oír, e traballar con XANDRE.

Despedida Rural Wings

Presentación despedida de un proyecto que nos ha dejado grandes momentos, experiencias y compañeros. Adios Rural Wings! Bienvenido Sorrural!

10 oct 2009

6 oct 2009

CUENTOS PARA PORTARSE BIEN EN EL COLEGIO

Es un libro muy práctico compuesto por 26 cuentos independientes para tratar los problemas habituales de comportamiento en el aula y enseñar hábitos. Está dirigido a los maestros y familias de niños desde Educación Infantil a 4º EP. Los cuentos son breves y cada uno está dedicado a un problema de conducta. Cada cuento cuenta con un planteamiento didáctico: objetivos, contenidos, valores que trabaja y comportamientos que puede tratar. Se acompañan de actividades para tratar las dificultades de comportamiento con toda la clase, actividades de comprensión y diálogo y un dibujo para colorear.
El autor es Jesús Jarque García, pedagogo y orientador con experiencia en Educación Infantil y Primaria. Estos son los cuentos que componen el libro de 168 páginas:
1. Niños charlatanes que no escuchan, El Conejo Bermejo.
2. Niños que no atienden, La historia de Fantito.
3. Niños que no quieren trabajar, La Osa Rosa.
4. Niños que muerden, El ratón Antón.
5. Para enseñar a trabajar bien, El gusanito Sito.
6. Niños que marginan a los gorditos, La cerdita Benita.
7. Niños que dicen palabrotas, El Caracol Col.
8. Niños que desprecian a los demás. El pulpito moradito.
9. Niños que lloran durante el período de adaptación, El pollito Pimpollito.
10. Enseñar estrategias para hacer amigos, El pingüino Lino y sus amigos del Zoo.
11. Sobre el acoso escolar, Mario el Canario.
12. La integración de alumnos discapacitados. La Cebra Raya Negra.
13. Niños que llegan tarde, EL Canguro Guro.
14. Niños que usan pañales, La Ranita Nita.
15. Niños desobedientes. Yito, el caballito de mar.
16. Niños que no cuidan el material. La Jirafa Fita.
17. Niños acusicas, El Lorito Amarillito
18. Niños que siempre quieren ser los primeros. La cabrita Blanquita.
19. Niños que traen juguetes al colegio. La Foca Kita.
20. Enseñar habilidades sociales. La Mariquita Paquita.
21. Niños que pegan. El Mono chimpa.
22. Niños que interrumpen para hacer pis. La Hormiguita Guita.
23. Niños que no hablan (mutismo selectivo). El Dinosaurio Braulio.
24. Niños llorones. La ardilla Lilla.
25. Fomentar la asertividad. La Caracola Carola.
26. Acogida de alumnos extranjeros. La historia de Pardito y Chi-Lu.
EL PRECIO DEL LIBRO ES 9’80 € - 9’43 € en Canarias
blog: http://www.educapadres.com/

5 oct 2009

As "novas" Competencias Básicas na Educación.

Novo Blog



Aproveitando o comezo do curso 2009/2010, dende o equipo de dinamización das TICs, ponse en marcha este novo blog educativo, coa finalidade de dinamizar aínda mais as novas tecnoloxías dentro do noso centro.

Desta maneira todos os membros da comunidade educativa poderedes participar e opinar, sempre coa finalidade de entre todos construír unha educación de calidade para o alumnado e os vosos fillos.

Así que benvidos a este novo espazo de encontro, onde intentaremos faceros partícipes do día a día dos peques na escola infantil O Grupo. Os animamos a opinar e facer aportacións que intetaremos ter en conta sempre que sexa posible.


Grazas a todos de antemano, e que comece esta aventura
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela