O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

Aproveitando a visita, levamos unhas campanas de nadal feitas polos nen@s do cole, e decoramos as árbores da nosa cidade, xunto cos traballiños feitos por nenos e nenas de outros coles do concello. As árbores decoradas polos nen@s do cole, atópanse diante do conclello. Así deste modo, a nosa vila estará fermosa, coa axuda de todos os cativos e cativas que nela viven.

0 comentarios:
Publicar un comentario