29 dic 2009

CUMPLEANOS DECEMBRO 5 ANOS B

EN DECEMBRO NA AULA DE 5 ANOS B FESTEXOUSE O CUMPLEANOS DE ROBERTO, TANIA E YAIZA ¡FELICIDADES PEQUES!

Panxoliña Navideña

O día do Festival de Nadal todos xuntos cantamos a seguinte panxoliña de Nadal da man de Pili a super teacher de inglés. FELIZ NAVIDAD!!!!!!!

FESTIVAL DE NADAL

O último día de cole celebramos o Festival de Nadal con diferentes actuacións. A primeira foi a obra do Arco da Vella, protagonizada por mamas e coa colaboración da ludoteca Colorín Colorado.



Despois actuaron os nenos e nenas de actividades extraescolares coa panxoliña "O Burrito Sabanero".


Despois cantaron os peques do cole "A Estrela de Belén" seguidos dos cativ@s de 4 anos "Rodolfo o Reno". E para rematar os miores do cole cantaron "Din don din don".


E para finalizar un gran día visitounos Papa Noel, cargado de agasallos, porque fomos uns nen@s e " profes" moi bos!






21 dic 2009

Felicidades Pablo e Ana Belén - 5 Anos A

O venres 18 de decembro estivo de Cumpleanos Pablo e festexámolo por todo o alto. Foi un día moi movido: fomos o concello a escoitar o apalpabarrigas e colgar as nosas campanillas nas árbores, comemos tarta e soplamos as velas e ata vimos e falamos con Papa Noel dende Laponia!

O luns 21 de decembro estivo Ana Belén de Cumpleanos e tamén fixemos unha festa: con tarta e velas, e ata maquillámonos de Nadal! É moi divertido cumprir anos, facerse maior e compartir debuxos, emocións e desexos cos nosos compis de infantil.

Felicidades Pablo e Ana Belén, xa sodes moi maiores!

Videoconferencia con Papa Noel dende Laponia

O venres 18 de decembro os nen@s de 5 anos da escola fomos a ver a Papa Noel por videoconferencia dende Laponia. Para iso tivemos que ir a Biblioteca de Marín, onde o alcalde tiña todo preparado para que poideramos velo e escoitalo. Aínda que non todos puidemos falar, foi moi emocionante. Cantamos a panxoliña do "Burrito Sabanero" e pedímoslle a PAZ, así como algún xoguete, porque fomos uns nen@s moi moi bos!

Saída o Concello de Marín

O venres 18 de decembro os nen@s de todo o cole fomos de visita o concello para disfrutar dunha sesión de Contacontos moi divertida, da man do Apalpabarrigas, que deunos moitos consellos de alimentación e de como cociñar contos!




O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.



Aproveitando a visita, levamos unhas campanas de nadal feitas polos nen@s do cole, e decoramos as árbores da nosa cidade, xunto cos traballiños feitos por nenos e nenas de outros coles do concello. As árbores decoradas polos nen@s do cole, atópanse diante do conclello. Así deste modo, a nosa vila estará fermosa, coa axuda de todos os cativos e cativas que nela viven.

15 dic 2009

CUMPLEANOS MAYRA-5 ANOS A

13 dic 2009

BO NADAL 2009 E PRÓSPERO ANO NOVO 2010

O Equipo Directivo da Escola de Educación Infantil O Grupo de Marín, en representación de todo o Claustro, quere desexar a toda a Comunidade Educativa:
"Un Feliz Nadal e que o novo ano veña cargado de ilusión e felicidade."

Non esquezades ver o video que non ten desperdicio! jejeje



Send your own ElfYourself eCards

8 dic 2009

6 Decembro: Cumpleanos da Constitución

Aproveitando o 31 Cumpleanos da nosa Constitución, acercamos o alumnado este texto que recolle os dereitos básicos que tod@s deberiamos ter, reflexionando sobre a igualdade, amistade,...dun modo acorde as idades coas que traballamos.
-Que Carapuchiña poida ir a escola e teña dereito a EDUCACIÓN.
-Que o Patiño Feo se lle trate con IGUALDADE E AMISTADE.
-Que os 3 Porquiños teñan dereito a unha VIVENDA DIGNA.
-Que o SOLDADIÑO DE CHUMBO teña dereito a SANIDADE.
-Que Hansel e Gretel teñan dereito a unha FAMILIA.
Deste modo tamén son conscientes de porqué estivemos tantos días sen cole, e que se festexaba esta ponte.
¡Felicidades Constitución! Oxalá algún día non quede ninguén sin eses dereitos cubertos!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela