24 mar 2011

QUE BEN O PASAMOS DE EXCURSIÓN!!

Como ben sabedes o martes día 22, os nenos de 3 anos fomos de excursión. Pasámolo xenial! Esta saída foi do máis completa.

A viaxe fixémola no BABITREN. Tiñades que ver que cariñas puña a xente cando nos vía a tanto neno xunto nun trenciño tan chulo pola autovía e cun coche de policía que ía marcando o camiño!!




A primeira parada do tren foi no parque de BOMBEIROS! Alí explicáronnos moitas cousas sobre o seu traballo e as súas ferramentas. De feito descubrimos que un dos bombeiros era amigo de Spiderman e outro de Hulk.
O que máis nos gustou foi cando puxeron nas nosas mans aquelas mangueiras tan longas e puidemos lanzar auga. FOI XENIAL!



Máis tarde fomos á xefatura da POLICIA LOCAL. Alí Richard mostrounos todas as instalacións, os coches, os instrumentos de traballo... E aínda tivemos tempo para ver unha peli de educación vial....

0 comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela