20 ene. 2012

MENUDA TRIBU!

O longo da semana os nenos e nenas de 4 anos trouxeron o cole moitas cousas de indios, e cada día chegan mais!! Grazas papis, mamis, avós, avoas e demais familia que estades a contribuír con entusiasmo a este gran proxecto, que tan ilusionados nós ten. A verdade é que sodes uns artistas, só hai que ver as obras de arte que facedes, e o esforzo adicado!! O interese por investigar medra día a día, e agora que xa temos moitas cousas, de indios e temos claro o que xa sabemos e queremos saber, imos dar comezo a aventura!!! E a investigar, aprender e crear!! Para a semana comezaremos o noso mural de indios, e os preparativos para o día da Paz, como unha auténtica tribu de peles vermellas! jao!!!!!!!!





0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela