19 dic 2014
16 dic 2014
14 dic 2014
O NOSO REPERTORIO DE PANXOLIÑAS PARA ESTE NADAL!
(5 ANOS)
(4 ANOS)
(3 ANOS)
INGLÉS
Etiquetas:
PANXOLIÑAS
29 nov 2014
25 nov 2014
DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero, O Concello de Marín puxo en marcha a campaña das "mans violetas". Contáronnos un contiño basado na temática e déronnos material para empregar neste día.
Feitas as nosas mans...
Na EEI O GRUPO berramos NON A VIOLENCIA!!
Etiquetas:
dia da non violencia de xénero
24 nov 2014
POLA COEDUCACIÓN E IGUALDADE!!
Mañán día 25 é o día internacional da non violencia de xénero. En conmemoración disto deixamos publicados dous videos que amosan moitos aspectos da realidade dos que debemos reflexionar.
Tamén vos deixamos as cancións que cantaremos por e para a coeducación e pola igualdade de xénero.
Etiquetas:
dia da non violencia de xénero
18 nov 2014
COMEZA A VIAXE...
Esta semana comezamos unha nova aventura. Dende a nosa biblioteca " A charca de Catuxiña", puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras", cargadas de contos e recursos cheos de historias máxicas coas que gozar da lectura en familia.
A mochila viaxará polas casas do alumnado. Cada semana levaraa un neno, tendo 7 días para gozar do seu contido e plasmar as súas experienciasna libreta de recordos. Desexamos que vos guste a experiencia e coidedes o material.
15 nov 2014
11 nov 2014
2 nov 2014
30 oct 2014
24 oct 2014
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Para celebrar o día das bibliotecas escolares abrimos as portas da nosa ós máis pequenos do cole dándolles así a benvida á "CHARCA DE CATUXIÑA". Disto encargáronse os nosos veteranos, cunha pequena poesía e coa entrega dos carnets da biblio.
Etiquetas:
BIBLIOTECA
14 oct 2014
PREPARÁMONOS PARA A FESTA DO SAMAÍN!!
ORIXE DO SAMAÍN
O calendario celta está dividido en catro estacións:
• 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
• 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
• 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
• 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.
O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano.
Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa.
Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña.
Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo.
Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.
Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas.
Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar.
Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa.
Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos.
Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.

SAMAIN
9 oct 2014
17 sept 2014
10 sept 2014
9 sept 2014
21 jun 2014
FESTA RACHADA PARA DESPEDIR O CURSO!! FELICES VACACIÓNS
Tatiana Andión de Slidely by Slidely Slideshow
Etiquetas:
FIN DE CURSO 2013-2014
19 jun 2014
28 may 2014
27 may 2014
19 may 2014
EXCURSIÓN Á GRANXA SERANTELLOS. 4 ANOS
Tatiana Andión's Slidely by Slidely Slideshow
Etiquetas:
SAIDAS
17 may 2014
NOS TAMÉN CREAMOS 2014. A VACA CONDESA
Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora. A EEI O GRUPO un ano máis participa neste proxecto...E aquí vos deixamos a mostra do noso traballo...
Etiquetas:
NOS TAMEN CREAMOS
14 may 2014
7 may 2014
5 may 2014
MARÍN MEDRA ENTRE POEMAS
- Medrando entre Poemas foi unha actividade promovida polos equipos de Normalización dos Centros Educativos de Marín na que participamos xunto coa nosa ANPA do centro. Os poemas elixidos foron os seguintes " O CUCO" e "O CARACOL"de Manuel María.
- Xunto cos centros educativos participaron ata unhas 40 asociacións e así de bonitos estaban os nosos carteis os cales adornaron as árbores da Alameda de Marín dende o 1 de Maio.
26 abr 2014
2 abr 2014
22 mar 2014
15 mar 2014
7 mar 2014
6 mar 2014
27 feb 2014
MENÚ DEGUSTACIÓN O GRUPO
TOSTAS DE PETER PAN Á MAXIA DE CAMPANILLA
CANAPÉS CRUXIENTES CON ARAÑEIRAS DE SPIDERMAN
ASADO DE HAMELÍN
PEIXE ARCOIRIS Ó FORNO
TULIPAS RECHEAS DE AMORODOS DA HORTA DO COELLIÑO BRANCO CON NATA
TARTA DE HANSEL E GRETEL
Etiquetas:
salon do libro 2014
24 feb 2014
ENTROIDO 2014
A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA
- Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
- Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
- A Mandadiña. A partir do luns, día 24 aparecerá A Mandadiña para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. Nesta ocasión o tema terá que ver coa cociña.
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA
Etiquetas:
ENTROIDO 2013
19 feb 2014
COCIÑANDO CONTOS...
(PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA)
Na nosa escola estamos preparando para o Salón un menú degustación moi especial!! Pronto vos ensinaremos o noso arte para INVENTAR MENÚS!
Etiquetas:
salon do libro 2014
30 ene 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)