24 feb. 2014

ENTROIDO 2014

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • A Mandadiña. A partir do luns, día 24 aparecerá A Mandadiña para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. Nesta ocasión o tema terá que ver coa cociña.
LUNS: CUN MANDIL NA CINTURA GAÑARÁS MOITA SOLTURA
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela