15 oct. 2017

ACHÉGASE O SAMAÍN

   

ORIXE DO SAMAÍN

           O calendario celta está dividido en catro estacións
  • 1 de novembro, a entrada do inverno ou “SAMHAIN”.
  • 1 de febreiro, “IMBOLC”, palabra que designa a primavera.
  • 1 de maio, a chegada do verán ou “BELTAIN”.
  • 1 de agosto, a colleita dos froitos ou “LUGNASAD”.

          O “Samhain” representa o fin da temporada das colleitas e a chegada dun novo ano. Esta festa ten unha antigüidade de máis de tres mil anos e foi patrimonio dos pobos celtas que ocuparon toda Europa. Deixan, pois, a súa pegada na Península Ibérica (Galicia, norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra), en Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña. Palabra gaélica que significa fin do verán, “samhain” implica non só unha festa de transición senón tamén de apertura a outro mundo. Polo tanto, establécese unha relación cos espíritos dos defuntos que, nesta data, teñen autorización para camiñar entre os vivos.
Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro a porta que separa o mundo dos vivos e o dos mortos desaparece .
As almas dos mortos regresan a visitar os fogares terreais. Para manter ledos aos seus antepasados e afastar aos espíritos ruíns, os celtas colocan comida ou doces fóra das casas. Tamén acenden fogueiras para guialos e para que se poidan quentar. Máis tarde, estas fogueiras Son substituídas por nabos grandes que se baleiran e nos que se coloca unha candea acesa. Moitos irlandeses (que teñen orixe celta) emigran a Estados Unidos, levando consigo unha tradición que conservarán durante séculos. Iso si, cambian os nabos por cabazas, que lles parecen máis vistosas e fáciles de enfeitar.








0 comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela