21 jun 2019
ATA SEMPRE!!
Onte celebramos o festival de fin de curso. Cos nervios propios do momento, intentamos ofrecer aos familiares un acto sinxelo no que os protagonistas fosen os nenos e nenas da escola. Despois das actuacións de cada nivel, este ano houbo tamén un baile do alumnado de zumba.
A continuación, o foco púxose no grupo de 5 anos e nas súas “pequecharlas”: unha serie de diálogos nos que nos cautivaron coa súa imaxinación e coa súa espontaneidade.
Desde o centro, queremos agradecer ao IES Illa de Tambo que nos permitise, un ano máis, a realización do evento nas súas instalacións. E, en especial, a presenza das familias e a axuda prestada durante todo o curso ata o último momento. Estamos moi orgullosos de vós!
Que pasedes unhas boas e merecidas vacacións
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario