22 oct 2019

A CHARCA DE CATUXIÑA TEN CONVIDADOS




Hoxe, a charca de Catuxiña iniciou unha nova actividade.
 Unha tarde ao mes abrirá as súas augas, para que cativos e maiores compartan un rato agradable escoitando contos.
Serán AS FAMILIAS as que narrarán as historias.
Este martes 22 de outubro comezou a actividade coa familia de Roque, 4º de E.I, que nos agasallou co relato de Rosa Caramelo.
Rosa Caramelo era unha elefanta que a pesar de esforzarse moito non conseguía ser como as demais, ela era diferente.
Se queres saber máis sobre Rosa, podes ler a súa historia, está a túa disposición na biblioteca do centro.
 A tarde foi un éxito, o papá de Roque agradou a todo o público e mesmo tivo que continuar contando contos, xa que os pequenos e pequenas non querían deixar a charca.
Os maiores tampouco tiñan moita presa! Incluso contamos cunha narradora espontánea a nai de Martín tamén de 4º, que se animou!
 Convidámosvos a todas e todos á próxima apertura da charca, vinde con ganas de pasar un bo rato, e se o precisades traede o flotador.
Se queres contar, só tes que falar con algunha das mestras ou mestres do centro.
 Cada terceiro martes de mes, de 16:00 a 17:00. Os nenos e nenas teñen que vir acompañados por un adulto.
 Próximas citas:
19 NOVEMBRO
17 DECEMBRO
21 XANEIRO
18 FEBREIRO
17 MARZO
21 ABRIL
19 MAIO
16 XUÑO

0 comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela