17 dic. 2019

SESIÓN CONTACONTOS

Hoxe a sesión de contacontos estivo protagonizada por Yasser. Compartiu con nós“O lobo e as sete cabritiñas”, célebre conto da tradición oral, en árabe. Coa axuda de Ana, que fixo de intérprete ao castelán, puidemos achegarnos un pouco máis á súa cultura grazas á posta en escena organizada pola súa nai. A continuación, interpretou con Maisan unha cantiga de Marrocos.
O acto finalizou coa actuación de varios nenos e nenas da clase da súa irmá que nos demostraron que a música é unha linguaxe universal, que non entende de razas nin fronteiras.
Agradecemos a numerosa asistencia das familias por seguir apoiando unha iniciativa que supera todas as expectativas iniciais e, en especial, a xenerosidade de Fátima.






0 comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela