Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano no salon do libro a temática consiste en afondar nun deses comportamentos: A MENTIRA.
A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso...
Na EEI O GRUPO tamén traballamos a mentira con diferentes contos;
- Andrés o mentireiro
- Corre corre cabaciña
- Os tres porquiños...
A partir destes fixemos un traballiño que foi exposto no salón do libro o cal visitamos hoxe.
Alí puidemos ver os traballos doutros coles... eran chulísimos!!Tamén escoitamos a uns fantásticos contacontos que nos fixeron rir e descubrir moitísimas mentiras dos contos!!
Se queredes saber máis sobre o salón do libro premendo na imaxe accederedes á súa web |
0 comentarios:
Publicar un comentario