Hoxe Kléber e Veridiano léronnos en portugués ”A lagartinha muito comilona” e “O coelhinho branco”, na sesión de contacontos das familias. Despois da marabillosa actuación de Isabela, Eva e Erik fixeron unha verdadeira exhibición de capoeira co seu pai. Esta danza de orixe africana forma parte da tradición cultural de Brasil desde hai centos de anos.
Grazas familias por asistir unha vez máis e, aos protagonistas da tarde: “Obrigado, gente, pela vossa imensa colaboração!”.
28 ene 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario