Este venres demos remate á semana do Entroido na escola. Despois dunha boa merenda con bocadillos, froita e moitas orellas, flores e filloas, as “comparsas” saímos percorrendo as rúas de Marín para rematar na Alameda. Durante o traxecto e ao son da música, familiares acompañantes e multitude de curiosos puideron vernos cos nosos tambores, guitarras e acordeóns, enchendo de colorido e alegría as rúas da nosa cidade.
Moitas grazas a todos e todas que participastes para que esa xornada fose única e marabillosa!
0 comentarios:
Publicar un comentario