Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTROIDO 2013. Mostrar todas las entradas

24 feb 2014

ENTROIDO 2014

A EEI O GRUPO quere compartir con vos a chegada do Entroido. Para iso propoñémosvos algunhas actividades nas que contamos coa vosa participación.
  • Exposición de fotos antigas. Para facer unha exposición sobre esta celebración, pedímosvos fotografías do alumnado de Entroidos anteriores
  • Refráns, adiviñas e receitas. Tamén poderedes recoller adiviñas, refráns e receitas típicas da data.
  • A Mandadiña. A partir do luns, día 24 aparecerá A Mandadiña para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando con versos, qué prendas teremos que vestir do luns ó xoves para que finalmente parezamos unha comparsa. Nesta ocasión o tema terá que ver coa cociña.
LUNS: CUN MANDIL NA CINTURA GAÑARÁS MOITA SOLTURA
MARTES: E PARA LIMPAR MÁIS AXIÑA, TRAE UN PANO DE COCIÑA
MÉRCORES: LEVA POSTO UN PANO DE CABEZA PARA QUE SORPRESAS NON APAREZAN
XOVES: VEN COA CARA PINTADA QUE DESPOIS PODES LAVALA

13 feb 2013

31 ene 2013

CO ENTROIDIÑO CHEGA O MANDADIÑO!

A partir do Luns, aparece o Mandadiño para acompañarnos durante o Entroido. Este personaxe iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que finalmente parezamos unha comparsa.


Luns: camiseta do revés grande por riba da roupa.


Martes: a mesma camiseta e algo na cabeza 


Mércores: camiseta,algo na cabeza e algo no pescozo.


Xoves: camiseta, algo na cabeza, pano no pescozo e cara pintada.


XA CHEGA O ENTROIDO!!

A semana que ven xa comezamos coa celebración do entroido, así pois, de momento deixamos unhas actividades lim sobre o mesmo! A xogaaaaaaaar! http://www.chiscos.net/almacen/lim/entroido-anam/entroido-anam.html
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

PREMIOS BLOGUEIROS!!

PREMIOS BLOGUEIROS!!
Concedido pola escola da Barciela