Como sabemos, á volta das vacacións, haberá dúas persoas que non estarán cada día connosco no cole. Por unha banda, a profe Blanca, que se xubila despois de moitos anos de servizo. Imaxinamos que estará a desexar descansar e dedicarse a facer cousas para as que non tivo tempo ata o momento; que, ao principio, pareceralle estraño non ter que cumprir un horario rutineiro de luns a venres. E, que ata poida que nos bote de menos durante algún tempo. Quen sabe! …
Pero queremos dicirlle que sempre terá un oco nos nosos corazóns. Grazas por acompañarnos en tempos de paz e nos de guerra tamén; por traballar ao noso lado para que as cousas funcionasen e por un singular sentido do humor que nos fixo rir como ninguén.
Doutra banda, tampouco volverá Marina despois de Semana Santa. Ela comezou un longo camiño connosco que esperamos que a leve tan lonxe como se merece, máis alto que ela mesma, se é posible … Tamén a ti queremos agradecerche, Marina, estar na tolemia do día a día, axudando a que a maquinaria do centro nunca pare (a pesar do cansazo, da tensión e das carreiras a contrarreloxo!!!).
Toda a sorte do mundo ás dúas e vide visitarnos sempre que poidades!
20 abr 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Buena suerte a las dos,se os echará de menos
Publicar un comentario