Para celebrar o Día do Libro, confeccionamos un marcapáxinas con flores e follas. Despois, reunímonos todos na Biblioteca escolar e fixemos un intercambio cos compañeiros dos outros niveis. Que emoción sacalos da caixa máxica!
No mes de abril decidimos convidar as familias para que participasen con sesións de contacontos na escola. A iniciativa quedou inaugurada en 4 anos coa mamá de Dani que leu “Camuñas”.
0 comentarios:
Publicar un comentario